Espazo Resolución de Conflitos

Unha consulta a tempo pode evitarlle dores de cabeza:

Adiántese.

Posto que en numerosas ocasións, unha pequena consulta pode evitar problemas que só provocarían unha perda de cartos e tempo, na nosa calidade de avogados asesoramos aos nosos clientes sobre temas de índole laboral, administrativo, penal e civil para definir e concretar os seus intereses e os representamos, no seu caso, nas negociacións para acadar os seus obxectivos.

Redactamos e revisamos documentos e contratos que poidan xurdir ao cliente, con especial atención ao clausulado. Xa sexa vostede empresa, profesional ou particular, axudámolo a adiantar e previr situacións non desexadastales coma conflitos ou demandas xudiciais. Asimesmo, no caso de producirse, axudaremos a xestionar e actuar de xeito máis eficaz. A nosa prioridade resúmese en axudalo a garantir a tranquilidade no seu día a día de xeito proactivo e intelixente.

A axuda que precisa

Abarcan diferentes especialidades do Dereito, proporcionando sempre unha asistencia inmediata, empática, integral e eficaz:

  • Penal: asistencia á persoa detida, denuncia e querella, xuizos rápidos, conformidades, execucións de sentencia, mediacións penais e penitenciarias, xustiza restaurativa e transformativa.
  • Civil: Familia (separación, divorcio, alimentos, menores, filiacións, relacións pais/nais fillas/os), Xurisdición Voluntaria (adopcións, tutelas, deslinde, inmatriculacións, tracto sucesivo),  reclamacións de impagos e morosos, arrendamentos, herdanzas, testamentos, reclamacións hipotecarias e bancarias, accidentes de tráfico, asistencia médica, edificación e dereitos constructivos, disputa de proveedores, consumo, cláusulas abusivas, comunidades de propietarios, conflitos veciñais, mediacións civís, mercantís e transformadoras, negociacións, conciliacións e arbitraxes.
  • Laboral: despido, salarios, seguridade social, negociación colectiva, responsabilidade empresarial, accidentes laborais, mediacións en conflitos laborais.
  • Administrativo: reclamacións patrimoniais, asistencia médica, persoal estatutario, funcionariado, administración local, relacións coa administración, medio ambiente, expedientes sancionadores, mediación administrativa.

Antes de chegar a xuízo

Enfocamos o conflito cara unha solución máis áxil, práctica e económica, sen perder de vista os intereses e obxectivos concretos dos nosos clientes.

A mediación é unha alternativa á resolución de conflitos e pode complementar aos que se atopan xudicializados  nos distintos ámbitos xurisdiccionais.

A través da mediación, as partes en conflitio, acompañadas e guiadas polos nosos mediadores e mediadoras, expoñen as súas posicións, propostas e intereses, traendo a colación a  orixe do problema, de maneira que este poida desnaturalizarse. Todo iso co propósito de revertir a connotación negativa en positiva, reducindo deste xeito os custes económicos e emocionais, co obxectivo de procurar un acordo satisfactorio e de obrigado cumprimento para todas as partes implicadas.

As nosas principais áreas de especialización:

  • Mediación civil: Herdanzas, propiedade horizontal, arrendamentos, convivencia, reclamacións de cantidade, intercultural, responsabilidade civil, aseguradoras, contratación, hipotecaria.
  • Mediación mercantil: Empresa familiar, discrepancias entre socios, reclamacións de cantidade, discrepancias cos traballadores/as, marcas e patentes, contratación mercantil, bancaria, reestructuraciones, disolucións y liquidacións de empresas, sucesión de empresas, consumo.
  • Mediación escolar: Resolución de conflitos entre as partes intervintes na comunidade educativa: directores/as, profesorado, alumnado, pais/nais e personal non docente: (administrativo e técnico).
  • Mediación sanitaria: Resolución de conflitos entre os diferentes membros da comunidade sanitaria: médicos, personal sanitario, pacentes, directivos/as, persoal administrativo e persoal técnico.
  • Mediación laboral: Resolución de conflitos entre empresarios/as e traballadores/as derivados do contrato de traballo.
  • Xustiza Restaurativa: Resolución de conflitos xudicializados ou non entre vítima e vitimario.
  • En problemas resultantes da infracción penal, incluso en  calquera fase do proceso penal (desde o inico ata en execución de penas ), prestamos axuda cara procesos de xustiza restaurativa que permitan á vítima e ao infractor/a participar activamente, se dan o seu consentimiento libremente, na solución dos problemas resultantes da infracción penal sempre respectando a legalidade vixente.
  • Mediación penitenciaria: Resolución de conflitos entre os membros da comunidade penitenciaria e entre vítima e vitimario, aínda que sexa en execución de sentencia.
  • Protocolos familiares: Acordos para regular a organización  xestión da empresa familiar e para garantir a continuidade da mesma no futuro.
  • Negociacion asistida: Como profesionais do dereito ofrecemos un marco organizado e un ambiente seguro que optimizará a capacidade das partes para chegar a un acordo, explorando a viabilidade das posibles alternativas e suxerindo opcións de acordo en todas as materias.

Un correo a tempo…

A veces existen dubidas das que non saberiamos formular as preguntas, podemos axudar.

Contacte co noso equipo por teléfono no 988 253 334, por correo electrónico a través do formulario en liña que hay a continuación de estas líneas, o siga en contacto con Espazos de Resolución de Conflitos a través das redes sociais.

Sigamos en contacto

Correo electrónico

988 253 334

Rúa da Paz, nº 3-1º,  Ourense.

Espazo Resolución de Conflitos
Espazo Resolución de Conflitos
Espazo Resolución de Conflitos